jueves, 19 de marzo de 2020

ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN

A alimentación e a nutrición


Os nutrientes


A alimentación é un proceso voluntario, consciente, que consiste na inxestión de alimentos escollidos do ámbito.
A nutrición é un proceso inconsciente, polo que transformamos os alimentos en nutrientes.
Os nutrientes son substancias que poden utilizar as células para obter enerxía ou para fabricar as súas propias moléculas.


A roda dos alimentos

Os alimentos son mesturas complexas, naturais ou elaboradas, das que obtemos os nutrientes.
 Hai alimentos simples (conteñen un só tipo de nutriente) e
compostos (conteñen varios tipos de nutrientes).
Os alimentos clasifícanse en seis grupos en función da súa orixe e dos nutrientes que proporcionan. 
Estes grupos represéntanse na denominada roda dos
alimentos.

EJERCICIO

Observa que na roda dos alimentos non todos os grupos  teñen o mesmo tamaño.
Aqueles que teñen un tamaño maior son os que se deben consumir en maiores cantidades e, dentro dun mesmo grupo, a posición do alimento indica a frecuencia: canto máis ao bordo con maior frecuencia se debe consumir.
Ademais, indícase no medio a necesidade de facer exercicio e consumir auga.
Baseándote na roda e nestas características completa a táboa seguinte:




No hay comentarios:

Publicar un comentario